Skip to main content

Expertos en sanidade animal falarán en Lugo da enfermidade renal crónica

A conferencia enmárcase no programa de actos para conmemorar o 25 aniversario da Facultade de Veterinaria

Representantes da empresa farmacéutica ‘Novartis Sanidad Animal’ impartirán este xoves 21 ás 19:00 horas no Salón de Actos da Facultade de Veterinaria unha conferencia na que tratarán a enfermidade renal crónica, caracterizada por un deterioro lento e progresivo da función renal que diminúe as funcións excretoras, sintéticas e endocrinas.
O xerente de servizos de ‘Novartis’, Francisco García, e a delegada veterinaria da empresa, Bárbara Sanjurjo, falarán sobre os síntomas que presenta esta doenza nos animais, como é o caso da inapetencia ou a perda de peso, así como da importancia que ten o estudo da presenza de proteína nunha cantidade superior a 150 miligramos nos ouriños de 24 horas (proteinuria), para o diagnóstico precoz da enfermidade.
Esta conferencia enmárcase dentro do ciclo ‘Compromiso das empresas coa formación do veterinario’ que se está a desenvolver na Facultade de Veterinaria dentro do programa de actividades para celebrar o seu 25 aniversario.
Nos relatorios, que continuarán ata o vindeiro mes de abril, participa unha vintena de profesionais de empresas como ‘Affinity Petcare’, ‘Royal Canin’ ou ‘Merial’, que abordan diferentes temáticas relacionadas coa saúde animal ou mesmo con cómo debe preparar a súa primeira entrevista de traballo un veterinario.

The contents of this page were updated on 01.20.2010.