Skip to main content

O equipo reitoral da USC rexeita o atentado que tivo lugar na vivenda do profesor Blanco Valdés

O Equipo de Goberno da Universidade de Santiago de Compostela quere mostrar publicamente a súa solidariedade co profesor Roberto Blanco Valdés, ante o atentado realizado na súa vivenda, ao tempo que condena rotundamente as accións violentas que intentan impoñer as ideas ao marxe da razón e do respecto aos cidadáns e cidadás e que atentan contra a súa liberdade.

A defensa da liberdade de expresión, de información e de opinión en tódolos ámbitos é consubstancial á esencia da universidade, e a práctica da violencia é, precisamente, o contrario do espírito universitario, que busca a concordia, o dialogo e o entendemento.

O profesor Roberto Blanco Valdés é un universitario e un cidadán que defende as súas ideas coa palabra e un profesional ao servizo da sociedade, o que o fai merecedor do respecto e aprecio de toda a comunidade universitaria.

The contents of this page were updated on 01.27.2010.