Skip to main content

A Fundación Galicia Europa convoca catro bolsas para a realización de estudos de integración europea

A Fundación Galicia Europea mantén aberto ata o 28 de febreiro o prazo de solicitude de catro bolsas para a realización de estudos de integración europea durante o ano 2010-2011. A convocatoria establece unha bolsa para o Colexio de Europa e 3 para o Instituto de Estudos Europeos da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), a Universidade Católica de Lovaina – La –Nueva (UCL) ou a Universidade Católica de Lovaina (KUL).
Entre outros requisitos, os candidatos teñen que ter realizados os seus estudos universitarios completos de segundo ciclo, obtido o título nos últimos cinco anos e ter a nacionalidade dalgún dos Estados membros da UE. As bolsas estarán dotadas coa cantidade de 26.000 € para o Colexio de Europa e 13.000 € para os restantes destinos.
As bases completas da convocatoria pódense consultar na páxina web http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu/, así como nas oficinas de Santiago de Compostela e Bruxelas.

The contents of this page were updated on 01.27.2010.