A USC asesora a estudantes e titulados na procura de emprego a través de novos obradoiros
A Área de Orientación Laboral do Campus de Santiago está a impartir unha serie de obradoiros sobre técnicas de busca de emprego pensados para facilitar o acceso ao mercado laboral dos titulados universitarios.
Os días 17 e 18 de novembro desenvolveranse as actividades "A elaboración dun currículo eficaz" e "A importancia da preparación das entrevistas de traballo", respectivamente. Estes cursiños están dirixidos a estudantes de últimos cursos e titulados recentes en titulacións da área das Ciencias Sociais: Pedagoxía, Psicoloxía, Psicopedagoxía, Educación Social, Traballo Social e Mestres/as das distintas especialidades. Os obradoiros repetiranse nos vindeiros meses enfocados de maneira específica para cada área de coñecemento: Desta maneira, abordaranse dende un punto de vista práctico e participativo coa finalidade de mellorar as opcións de empregabilidade dos universitarios facilitándolles a transición cara ao mundo laboral. Estes obradoiros son gratuítos e desenvolveranse en horario de 10:00 a 14:00 hoas nas instalacións do Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao Emprego (SAEE) da Vicerreitoría de Estudantes e Formación Continua. Aquelas persoas interesadas en participar deben inscribirse previamente na oficina da Área de Orientación Laboral no teléfono 881 812 850 ou a través do correo electrónico saeelabo [at] usc.es (saeelabo[at]usc[dot]es). Pódese consultar o calendario de obradoiros dirixidos ás diferentes titulacións no enlace da web da USC ao SAEE.