Skip to main content

Comezan unhas xornadas que forman a profesorado non universitario para traballar con alérxicos a alimentos e látex

Un centenar de profesores de ensino non universitario de toda Galicia asisten este mércores 17 ao inicio dunhas xornadas informativas sobre ‘Alerxia a Alimentos, alerxia ao látex. Dificultades na escola’. Nelas recibirán información básica sobre estas alerxias, obtendo unhas nocións básicas imprescindibles para coñecer os signos e síntomas que identifican o inicio dunha reacción, ato tempo que recibirán pautas e medidas de prevención que permitan minimizar os riscos neste senso. As xornadas desenvolveranse, ademais deste mércores, o vindeiro sábado 20 na Escola de Óptica e Optometría cunha carga lectiva de oito horas e o recoñecemento da Consellaría de Educación. A inauguración oficial celebrarase a partir das 17:30 horas, dando paso á primeira intervención sobre síntomas, diagnóstico e tratamento das alerxias a alimentos. Actualmente, a poboación infantil afectada pola alerxia aos alimentos sitúase entre 3 e o 8%, mentres que a incidencia da alerxia ao látex alcanza ao 1%. Ademais, os expertos teñen documentado que preto do 20% das reaccións que sofren os alérxicos en idade escolar, ocorren nos colexios. Por elo, estas xornadas buscan achegar ao profesorado información e recursos prácticos para traballar cos alumnos alérxicos nas mellores condicións de seguridade para estes. Os contidos das xornadas elaboráronse en base ás achegas de médicos, especialistas en alerxias, profesionais en restauración colectiva e membros da Asociación Española de Alérxicos e Alimentos e Látex (AEPNAA). No desenvolvemento do programa intervirán os xefes dos servizos de Pediatría e de Alergoloxía do CHUS, José M. Martinón e Eladio Rodríguez, respectivamente; o responsable do Servizo de Alerxia do Complexo Hospitalario da Coruña, Antonio Parra; a coordinadora, nutricionista e cociñeira da Rede de Comedores Escolar do Concello de Ames, Mª Cecilia Rodríguez, Rosalina Martínez e Dolores Vázquez; e a presidenta e vogal de AEPNAA, Mª do Pilar Muñoz e Mª Dolores Mouriz, respectivamente, esta última ademais é coordinadora das xornadas.

The contents of this page were updated on 11.16.2010.