Skip to main content

Investigadores da USC coordinan a edición dun volume internacional sobre edafoloxía

Participan 21 investigadores de España, Brasil, México e Estados Unidos

Os profesores do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola Felipe Macías e Xosé L. Otero, son os editores do libro Biogeochemistry and Pedogenetic Process in Saltmarsh and Mangrove Systems, que acada de saír do prelo editado por unha editorial americana. A obra recolle a participación de 21 investigadores de catro países (España, Brasil, México e Estados Unidos) procedentes de dez centros de investigación diferentes. Ao longo das súas páxinas expóñense os resultados máis relevantes do proxecto ‘Pedoxénese e bioxeoquímica de metais pesados e contaminantes orgánicos en medios sedimentarios mariños de clima tropical (manglares de Brasil) e tépedo (marismas de Galicia)’ desenvolvido durante o período comprendido entre 2003 e 2006.

The contents of this page were updated on 11.24.2010.