Skip to main content

Unha investigadora da USC estuda o tratamento da toxicidade dos derivados do chumbo

A graduada en Química Mª Dolores Torres Rodríguez realiza no seu traballo investigador unha achega á química de coordinación do chumbo e ao tratamento da terapia da intoxicación provocada polo metal. Este estudo levouna a defender este venres a súa tese de doutoramento titulada ‘ Tratamento da toxicidade dos derivados do chumbo: ácidos 2-sulfanilpropenoicos e vitaminas B como antídotos’ da que son directores José Sergio Casas Fernández e Mª Victoria Castaño Palazón. Para o traballo preparáronse compostos potencialmente adecuados para actuar como antídotos fronte ao chamado “chumbismo”. Posteriormente estudouse a súa capacidade para mobilizar o metal do organismo mediante estudos in vitro e in vivo.

O tribunal que xulgou esta tese estivo constituído polos profesores da USC Alfonso Castiñeiras Campos e Mª Ángeles Gato González; da Autónoma de Madrid, Mª del Carmen Navarro Ranninger; de Granada, Juan Manuel Salas Peregrín; e de Vigo, Ezequiel Manuel Vázquez López.

The contents of this page were updated on 11.26.2010.