Skip to main content

A Gala do Atletismo Galego premiará a tempada 2009-2010 da USC

O atleta veterán da USC Manuel Vigo Otero nunha carreira recente
O atleta veterán da USC Manuel Vigo Otero nunha carreira recente

A sección de atletismo da USC que dirixe Iván Sanmartín será galardoada na Gala do Atletismo Galego que terá lugar o 10 de decembro en Lugo en recoñecemento á súa traxectoria na temporada 2009-2010, na que destacan varios títulos de campións galegos e estatais en diferentes categorías e disciplinas. Así mesmo, e a nivel individual, tamén serán premiados os atletas veteranos da USC Manuel Vigo Otero -subcampión de España de Campo a través na categoría M45- e Xosé Luís Otero Cepeda -campión de España de 3000 m en pista cuberta e campión de España de Campo a través na categoría M55-. Por último, tanto Xosé Luís Otero Cepeda como Manuel Bello García están nomeados ao título de mellor atleta veterano galego do ano.

The contents of this page were updated on 11.23.2010.