Skip to main content

Novas rutas de sendeirismo para xaneiro

A Área de Deportes da USC acaba de abrir o prazo de inscrición para as novas rutas de sendeirismo que vai organizar neste mes de xaneiro. Trátase de dúas propostas para realizar un roteiro cara á Fervenza do Toxa e a rota do Loio.
A cita será os vindeiros sábado 23 e 30 de xaneiro. Para inscribirse, as persoas interesadas deben estar en posesión do cartón deportivo. Ademais, e co obxecto de coñecer os detalles de cada unha destas dúas propostas, teñen á súa disposición o web http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/natureza/rotas.html.

The contents of this page were updated on 01.12.2010.