Skip to main content

25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero

Cartel deseñado co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero
Cartel deseñado co gallo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero

A USC súmase un ano máis á conmemoración do 25 de novembro como Día Internacional contra a Violencia de Xénero e reitera o seu "total rexeitamento" ante calquera forma de violencia por razón de xénero por constituír "unha violación dos dereitos e liberdades fundamentais das mulleres". A Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade, a través da Oficina de Igualdade de Xénero, elaborou un cartel conmemorativo coa vontade de reafirmar a postura da USC neste eido. "Existo, son dona da miña vida, podo, son capaz ... e ámote" representa a mensaxe reflectida no cartel, acto simbólico que a institución académica suma a prol da eliminación da violencia de xénero.

The contents of this page were updated on 11.25.2010.