Skip to main content

Os titulados en Relacións Laborais e Maxisterio do Campus de Lugo celebran este venres os seus actos de fin de carreira

Os titulados en Maxisterio, nas especialidades en Educación Física, Educación Infantil, Educación Primaria e Lingua Estranxeira, no Campus de Lugo celebran este venres 28 o seu acto de fin de carreira no Salón de Actos da Escola Universitaria de Formación de Profesorado.
Nesta celebración, que comezará ás 17:00 horas, intervirán o vicerreitor de Coordinación do campus lugués, Carlos Herrero; o director da escola, Modesto Rodríguez; a profesora da escola e madriña da promoción, Julia Estévez Mengotti; e cinco representantes dos alumnos.
Relacións Laborais Tamén os alumnos da XIII promoción da Diplomatura en Relacións Laborais celebran este venres o seu acto de fin de carreira. Será a partir das 19:00 horas no Salón de Actos da súa escola universitaria cun acto presidido pola vicerreitora adxunta de Oferta e Xestión Académica da USC, Begoña Barreiro.
O padriño da promoción, o presidente de Sogama e profesor da Escola de Relacións Laborais Luís Lamas Novo ofrecerá unha lección maxistral. A continuación farase a entrega de diplomas e insignias aos novos titulados e o recoñecemento da Fundación Campus Universitario de Lugo e do Colexio Oficial de Graduados Sociais ao mellor expediente académico da anterior promoción.

The contents of this page were updated on 05.28.2010.