Skip to main content

O profesor Durán Villa fala este martes en Historia sobre a vida social en Compostela no tempo da Casa da Troia

O profesor de Xeografía Humana e vicerreitor de Estudantes e Formación Continua da USC, Francisco Durán Villa, será quen inaugure este martes 9 o ciclo de conferencias Aula Troiana que organiza a Asociación de Antigos Tunos Composteláns. A conferencia, que terá lugar ás 20:00 horas na Aula 7 da Facultade de Xeografía e Historia, leva por título ‘A vida social en Compostela no tempo da Casa da Troia’.

The contents of this page were updated on 11.08.2010.