Amplíase o prazo para asistir ao Coloquio Internacional ‘Memoria da guerra, reconciliación e cultura de paz’
O Proxecto Interuniversitario ‘Nomes e Voces’ amplía ata o 21 de novembro o prazo para inscribirse no Foro 2010 que acollerá entre os días 13 e 15 de decembro o Coloquio Internacional ‘ Memoria da guerra, reconciliación e cultura de paz’. Este evento ten como obxectivo reunir a recoñecidos profesionais de todo o mundo, especialistas no estudo histórico e xurídico dos procesos de paz e reconciliación, que xunto ás vítimas de procesos represivos, analizarán en perspectiva as diferentes experiencias no referente á superación de conflitos bélicos e ditaduras, incidindo nas políticas transicionais levadas a cabo desde os diferentes gobernos.