Skip to main content

Sinatura de convenio para que educadores americanos se formen no Máster en Ciencias da Familia da USC

O reitor da USC, Juan Casares Long, e o secretario xeral da Confederación Interamericana de Educación Católica (CIEC), José Leonardo Rincón Contreras, asinan este venres 5, ás 12:00 horas no Salón Reitoral de San Xerome, un convenio de colaboración para pór en marcha un programa de ‘ formación de formadores’. En concreto, trátase de achegar facilidades para que os membros da CIEC e das organizacións de pais e nais de familia e de alumnos dos países nos que está presente realicen o Máster en Ciencias da Familia da USC e os seus cursos derivados de Especialista en Ciencias de la Familia, Orientación e Mediación Familiar, Terapia Familiar e experto en Ciencias de la Familia.

The contents of this page were updated on 11.04.2010.