Skip to main content

Dereito acolle as II Xornadas sobre Propiedade Industrial

Dereito acolle as II Xornadas sobre Propiedade Industrial
Dereito acolle as II Xornadas sobre Propiedade Industrial

As II Xornadas sobre Propiedade Industrial celébranse este xoves 4 na Facultade de Dereito organizadas polo Instituto de Dereito Industrial da USC (IDIUS) co apoio da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM). O reitor Juan Casares presidiu a inauguración no Salón de Graos do centro nun acto no que o acompañaron o director da OEPM, Alberto Casado; o decano da Facultade de Dereito, Luis Míguez Macho; o director do IDIUS, Ángel Fernández-Albor; e o codirector das xornadas, Ángel García Vidal. Esta xornada científica e de divulgación reúne a un destacado grupo de expertos nacionais e internacionais procedentes das universidades de Pais Vasco, Oviedo, Zaragoza, Carlos III de Madrid, da propia USC así como do Instituto Max-Plank de Múnic. A dirección do encontro recaeu nesta ocasión nos profesores Ángel García Vidal, María del Mar Maroño e Javier Framiñán. IDIUS O IDIUS é un centro propio da USC dedicado á investigación da competencia económica, a propiedade industrial e a propiedade intelectual. Aínda que os investigadores deste centro proceden maioritariamente da USC, tamén o integran outros procedentes das universidades de Vigo, A Coruña, Complutense de Madrid ou Alcalá de Henares entre outras.

Trátase dun dos equipos investigadores máis activos da Facultade de Dereito e con maior impacto científico de España, Europa e América.

The contents of this page were updated on 11.04.2010.