Skip to main content

Os cursos de verán reflexionarán sobre as tecnoloxías que invaden a privacidade

UNIVERSIDADE DE VERÁN 2010

No ano 1949 George Orwell formulaba de maneira visionaria na súa obra 1984 unha reflexión sobre a vixilancia e o control social. A Universidade de Verán 2010 retoma este campo de análise no curso ‘ Redefinindo a privacidade. Orwell 2010’. A finalidade é obter unha descrición clara das novas tecnoloxías utilizadas polos poderes públicos e grandes corporacións, mediante as que seguen e controlan ao cidadán no seu devir social ou mesmo privado. Fronte isto, os promotores deste curso estival formulan igualmente como obxectivo obter un claro coñecemento dos instrumentos de garantía que, fronte ás denominadas “tecnoloxías invasivas”, ofrecen os Estados e asociacións de Estados. Esta proposta estival celebrarase entre os días 9 e 10 de setembro na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC baixo a dirección de Ramom Lôpez-Suevos e co financiamento dea CIG e do Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades (Esculca).

Tecnoloxías e privacidade internacional, a seguranza como xestión de riscos, tecnoloxías dixitais para o control, dereitos fundamentais e control do estado son os temas que guiarán os debates nestes dous días nos que Orwell recuperará actualidade.

The contents of this page were updated on 07.22.2010.