Skip to main content

Docentes universitarios de matemáticas para a economía e a empresa reúnense esta semana na USC

Máis dun centenar de docentes universitarios de matemáticas para a economía e a empresa participan esta semana en Santiago nun encontro internacional que supón a décimo oitava xuntanza da asociación que aglutina a estes profesores e investigadores, Asepuma. De carácter internacional, o encontro inaugúrase este xoves 16 ás 9:30 horas na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais nun acto que presidirá o reitor compostelán, Juan Casares, acompañado da decana do centro, Maite Cancelo; o presidente de Asepuma, Alfonso González Pareja; e o presidente do Comité organizador, José Carlos de Miguel. A continuación, o profesor de Medicina José Carro Otero pronunciará a conferencia ‘O Camiño de Santiago: aspectos económicos’. A partir de aí e ata o venres 17 desenvolveranse unha serie de sesións simultáneas con comunicacións que abordarán cuestións relacionadas, entre outras, con docencia, métodos estatísticos, matemáticas financeiras e Actuariais, aspectos cuantitativos dofenómeno económico, programación matemática e métodos cuantitativos eeducación, deporte, turismo e informática aplicada. A xuntanza rematará na mañá do venres cunha mesa redonda sobre investigación e docencia en economía cuantitativa.

The contents of this page were updated on 09.15.2010.