Skip to main content

A edición compostelá do Simposio Iberoamericano de Química Orgánica consolida este encontro como cita de referencia para os investigadores europeos e americanos

A edición compostelá do Simposio Iberoamericano de Química Orgánica consolida este encontro como cita de referencia para os investigadores europeos e americanos
A edición compostelá do Simposio Iberoamericano de Química Orgánica consolida este encontro como cita de referencia para os investigadores europeos e americanos

Santiago de Compostela converteuse a pasada semana na primeira sede europea do Simposio Iberocamericano de Química Orgánica (SIBEAQO-II). Ao encontro asistiron 150 especialistas procedentes de Arxentina, Bolivia, Brasil, Chile, Colombia, Costa Rica, Cuba, Ecuador, España, Guatemala, Honduras, México, Nicaragua, Panamá, Paraguai, Perú, Portugal, Porto Rico, República Dominicana, San Salvador, Uruguai ou Venezuela. A edición compostelá consolidou os SIBEAQO’s como unha cita de referencia no ámbito da Química Orgánica para os investigadores europeos e americanos. Para perseverar neste obxectivo, o encontro celebrarase cada tres anos alternando como sede países de Europa e América. Distincións e relatores No transcurso do congreso entregáronse diversas distincións que recoñecían a súa achega á Química Orgánica. Así, foron premiados os profesores Rafael Suau Suárez, da Universidade de Málaga; Roberto Rossi, de Córdoba (Arxentina); e José Cavaleiro, de Aveiro. Entre os relatores figuraban David MacMillan, da Univesidade de Princeton; José Barluenga, de Oviedo; Artur Silva, de Aveiro; Luiz Dias, da Universidade Estadual de Campinas (Brasil); Gerardo Burton, de Bos Aires; e Richmond Sarpong, de California-Berkeley. O comité organizador estivo constituído polo profesor Julio Podestá, da Universidade Nacional do Sur de Arxentina; os profesores Antonio Mouriño, Ramón Estévez, Javier Sardina, Mercedes Torneiro, Jesús Varela, Eduardo Fernández Megía e as doctoras María Regueira, Rita Sigüeiro e Flavia Zacconi, da USC; e o profesor Miguel Maestro da Universidade da Coruña.

The contents of this page were updated on 09.16.2010.