Skip to main content

Nova charla do grupo de posgraduados da Facultade de Física sobre o fibrinóxeno

O grupo de posgraduados da Facultade de Física (DOC-MEET) celebra este xoves 9 unha nova sesión das dúas charlas, dedicada desta volta ás particularidades do fibrinóxeno e as súas particularidades no tratamento vascular. Baixo o título, ‘Fibrinogen Stability under Surfactants Interactions’ impartirá a charla, ás 17:00 horas na aula 140 do centro, Natalia Hassan do grupo de investigación en Materia Branda e Biofísica Molecular do Departamento de Física Aplicada da USC. O fibrinóxeno é unha proteína multidominio complexa cuxa función principal é a formación de coágulos de fibrina que impiden a perda de sangre despois dunha lesión vascular. Natalia Hassan referirase ás distintas medicións realizadas arredor do fibrinóxeno con técnicas como a calorimetría diferencial de barrido (DSC), dicroísmo circular (CD) ou a dispersión de raios X de ángulo (SAXS), entre outros. Estas charlas, que pretenden servir de foro de intercambio e debate de coñecementos para o persoal posdoutorado e estudantes de Física, prodúcense unha vez ao mes e sempre son eles os que interveñen, nunha un docente. Outra condición é que as charlas deben ser impartidas en inglés.

The contents of this page were updated on 12.07.2010.