Farmacia celebrou a festividade da súa patroa
A Facultade de Farmacia da USC conmemorou este sábado 11 a festividades da súa patroa, a Inmaculada Concepción, cun acto académico que se celebrou no Salón de Graos do centro, baixo a presidencia do reitor da Universidade, Juan Casares Long, e no que participaron, xunto a un nutrido grupo de membros da Facultade, o presidente do Consello Social da USC, Manuel Puga; a subdirectora xeral de Farmacia do SERGAS, Carolina Gónzalez-Criado; a decana en funcións e o secretario de Farmacia, Isabel Sánchez e Perfecto Paseiro, respectivamente. Este último, o profesor Paseiro, foi quen iniciou a quenda de intervencións coa lectura da memoria académica do pasado curso, e deu paso á conferencia maxistral do profesor Jesús Izco Sevillano sobre ‘Os nomes das plantas: da Botánica á toponimia’. As profesoras Isabel Bernárdez e Matilde Casas recibiron as medallas conmemorativas que o centro outorga aos docentes con 25 anos de docencia acumulada no centro. Deseguido, entregóuselles a Medalla ‘Pro Meritis’ aos profesores xubilados o pasado ano, e que nesta ocasión foron Mª del Carmen Gómez, Jesús Izco, Mª Isabel Suárez e José Mª Varela. O acto continuou coa entrega de diplomas aos doutores que acadaron este grao o pasado curso académico e ao titores de prácticas preprofesionais nos centros dependentes da Consellaría de Sanidades e do SERGAS. Tomou a palabra a continuación a decana en funcións, Isabel Sández, e o reitor, Juan Casares pechou o acto.