Skip to main content

Un grupo de docentes da EPS presenta as fichas técnicas de prevención do sector agrario galego

Este xoves 16 de decembro a Escola Politécnica Superior acollerá a presentación das fichas técnicas de prevención do sector agrario galego, elaboradas por un grupo de docentes deste centro do Campus de Lugo. O acto desenvolverase a partir das 12 da mañá na Sala de Xuntas da EPS.

Trátase de dúas coleccións de fichas que resumen os principais aspectos en materia de prevención de riscos laborais. Unha delas está orientada á maquinaria e outra ás tarefas agrarias. A primeira recolle máis de 80 máquinas e asegunda arredor de 50 tarefas representativas do sector agrario galego nas vertentes agrícola, gandeira e forestal. No deseño das fichas desenvolvéronse, ademais, unha serie de bloques temáticos en función da codificación, imaxe, características técnicas ou descrición da tarefa en cada caso, descrición do funcionamento ou procedemento axeitado, riscos, medidas preventivas e medidas de protección colectiva e individual. Nas vindeiras datas, estas fichas estarán dispoñibles para a súa consulta e descarga na páxina web do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral

The contents of this page were updated on 12.16.2010.