Skip to main content

Teatro e danza únense coas novas tecnoloxías nun proxecto promovido pola Fundación CEER

En Santiago, a experiencia desenvolveuse na Sala de Visionado da Facultade de Ciencias da Comunicación
En Santiago, a experiencia desenvolveuse na Sala de Visionado da Facultade de Ciencias da Comunicación
Compañías universitarias da eurorrexión participaron por internet nunha nova iniciativa interactiva

O grupo de danza da USC, a Aula de Teatro da UVigo e docentes e alumnos da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD) puxeron en escena este xoves, 2 de decembro, un espectáculo conxunto de danza nas Universidades de Vigo e Santiago que podía ser visualizado en directo, a través de Internet. Tanto o grupo de teatro, que se atopaba na Universidade de Vigo, como o de danza, localizado na Universidade de Santiago, actuaron na distancia mediante as novas tecnoloxías, recibindo as imaxes do outro grupo mediante proxeccións, de xeito que podían interactuar entre si simultaneamente. A cita en Santiago foi na Aula de Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación. O proxecto, organizado por i2CAT e Kònic e coordinado polo CEER, xurdiu grazas a unha subvención do Ministerio de Cultura e conta coa participación activa das Universidades de Santiago, Vigo, Trás-os-Montes e Alto Douro e a ESAD.

Adicionalmente ao evento, a Fundación i2CAT está a ofrecer aos participantes formación relacionada coas TIC's nas industrias culturais, que estes días imparten técnicos das Universidades de Santiago e Vigo que colaborarán na posta a punto do evento distribuído. Do mesmo modo, a UTAD organiza para o 17 de decembro unha clase maxistral enfocada á utilización das novas tecnoloxías na creación de proxectos artísticos, que será retransmitida por internet.

Danza e teatro, en Santiago e Vigo simultaneamente, foron os ingredientes da experiencia O grupo de danza da USC, a Aula de Teatro da UVigo e docentes e alumnos da Escola Superior de Arte Dramático de Galicia (ESAD) foron os protagonistas A experiencia realizouse utilizando as novas tecnoloxías como elemento agrupador

The contents of this page were updated on 12.02.2010.