Skip to main content

O I Ciclo de Cine Ambiental e Solidario ‘Butaca Verde’ comeza a vindeira semana en Dereito

A Fundación USC Deportiva desenvolve en novembro o programa de proxeccións do I Ciclo de Cine Ambiental e Solidario Butaca Verde, coa colaboración do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). A cita será os vindeiros días 3, 10 e 16 de novembro a partir das 19:30 horas no Salón de Graos da Facultade de Dereito da USC, e as obras a proxectar Home, Oro negro e El viaje del emperador. A participación en cada unha destas sesións é totalmente gratuíta e sen necesidades de ningún tipo de inscrición previa.

The contents of this page were updated on 10.29.2010.