Skip to main content

Senén Barro, reelixido en México presidente da Rede Emprendia

O reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, foi reelixido este martes en Guadalajara (México) como presidente da Rede Universitaria Iberoamericana de Incubación de Empresas (Emprendia).
Facer da terceira misión da Universidade un eixo de actuación estratéxico en Iberoamérica no campo da economía do coñecemento e do pensamento mediante a creación dun tecido empresarial a partir dos resultados de I+D universitaria é o principal cometido da rede.
Esta plataforma agrupa a preto de vinte institucións iberoamericanas de España, Chile, Brasil, Portugal e Arxentina.
A reelección de Barro produciuse no transcurso da asemblea xeral da Rede, na que o propio reitor compostelán presentou o proxecto RedEmprendia: Horizonte 2015’ e o profesor da USC Manel Cotos fixo o propio co borrador do Proxecto ALFA.

The contents of this page were updated on 06.02.2010.