Nace Unerevistas, a nova publicación dixital para difundir publicacións científicas
Boa parte das revistas científicas que editan as universidades son responsabilidade dos servizos de publicacións, que ata agora anunciaban algunhas das súas cabeceiras na revista Unelibros. Coa nova aparición de Unerevistas estas editoriais poderán difundir as súas revistas científicas nesta plataforma dixital coa que se pretende mellorar o impacto destas publicacións periódicas.
Unerevistas terá tamén unha periodicidade semestral e a súa saída coincidirá coa de Unelibros, en primavera e outono.
Tres da USC
Unerevistas Primavera 2010 publica información sobre 160 revistas científicas, agrupadas por áreas de coñecemento. No catálogo aparecen as da USC Agora (na páxina 5), Innovación Educativa (p. 10) e Recursos Rurais (p.15).
Cada publicación está enlazada ao correo electrónico da editorial, de tal maneira que o lector poda poñerse en contacto cos responsables automaticamente.