Skip to main content

A Consellaría de Educación apoia economicamente as bolsas de mobilidade do SUG a países extracomunitarios

O conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez, e os tres reitores galegos, Juan casares, José María Barja e Salustiano Mato, asinaron este luns os correspondentes convenios de colaboración que regulan as axudas do Goberno galego para os programas de intercambio de estudantes con países extracomunitarios En total, a Consellaría achegará ás tres universidades un total de 328.800 euros para contribuír a soster o desprazamento e estancia dos estudantes durante as accións de mobilidade promovidas polas devanditas institucións académicas. Serán, segundo previsións da Consellaría, 274 os estudantes galegos que poderán realizar intercambios con países de fóra da Unión Europea grazas a este apoio económico da Consellería de Educación.

The contents of this page were updated on 10.11.2010.