Skip to main content

Novo concerto no órgano da Igrexa, entre a improvisación e o virtuosismo

Os músicos Michael Behringer e Marco Ambrosini serán os protagonistas do segundo concerto do ciclo ‘O órgano da Igrexa da Universidade doutra maneira’ que, con entrada libre, terá lugar este martes 19 ás 20:30 horas na Igrexa da Universidade baixo o título ‘Ás teclas! (entre a improvisación e o virtuosismo)’. No recital interpretarase un programa de danzas europeas dos séculos XVI, XVII e XVIII, interpretado ao órgano por Michael Behringer e polo polifacético Marco Ambrosini, que o acompañará cunha gaita renacentista, segundo modelo de Michael Praetorius, unha frauta harmónica e unha viola de amor de chaves (nyckelharpa), instrumento de orixe medieval que era tocado en países como Suecia, Dinamarca, Alemaña, Austria e Italia e que hoxe só permanece vivo na música popular sueca. Ambos os dous músicos farán mostra da arte da improvisación e da glosa dando renda solta a unha combinación instrumental diferente.

The contents of this page were updated on 10.18.2010.