Aberta a inscrición para diversas Escolas Deportivas de Compostela
A Área de Deportes da USC mantén esta semana aberta o prazo de inscrición para os integrantes da comunidade universitaria que desexen apuntarse ás actividades de diversas escolas deportivas que en Santiago se van desenvolver neste cuadrimestre. O prazo para o resto das persoas interesadas abrirase o vindeiro 11 de outubro. As Escolas que actualmente manteñen a inscrición aberta son adestramentos de deportes colectivos e deportes tradicionais, aerobic e step, atletismo, bailes de salón e baile en liña, escola da columna, esgrima, hip-hop, intervaltono, kung-fu, pilates, tai-chi, tiro con arco, ximnasia terapéutica. As persoas interesadas poden acadar máis información no enderezo web http://www.usc.es/gl/servizos/deportes/santiago/actividades/escolas/index.html