Skip to main content

María Luz González Caamaño, nova decana da Facultade de Bioloxía

A profesora Caamaño dirixe o Grupo de Investigación de Biotecnoloxía e Conservación da flora ameazada
A profesora Caamaño dirixe o Grupo de Investigación de Biotecnoloxía e Conservación da flora ameazada

A profesora de Biotecnoloxía Vexetal María Luz González Caamaño resultou elixida esta mañá nova decana da Facultade de Bioloxía por 57 votos a favor e 29 brancos, sen votos en contra. González Caamaño, directora do Grupo de Investigación de Biotecnoloxía e Conservación da flora ameazada, foi vicedecana da Facultade de Bioloxía no equipo de Jaime Gómez Márquez, dende 2002 ata estas eleccións. O novo equipo de goberno da Facultade complétase co profesor Javier Iglesias Piñeiro como vicedecano, a profesora María del Carmen Monterroso Martínez como vicedecana e o profesor Miguel Ángel Rodríguez Díaz como secretario. Para os vindeiros catro anos os novos responsables agardan finalizar as obras de reforma do centro segundo o Plan Director aprobado no seu día, continuar coa implantación do novo Plan de Estudos do Grao en Bioloxía nos sucesivos anos así como afianzar os actuais Másters e poñer en marcha outros novos que abrangan todas as posibilidades de especialización que pode ofertar a Facultade de Bioloxía. Pretenden ademais comezar co seguimento de todas as titulacións que se imparten no centro, tanto do Grao como nos Másteres adscritos, mediante o Sistema de Garantía Interna de Calidade e manter a Facultade como unha unidade estrutural e funcional coa nova incorporación do CIBUS en termos de xestión compartida coa Vicerreitoría de Investigación.

The contents of this page were updated on 10.19.2010.