Skip to main content

O apadriñamento e a onomástica, claves na consolidación das redes sociais nos séculos XVII a XIX

O apadriñamento e a onomástica, claves na consolidación das redes sociais nos séculos XVII a XIX
O apadriñamento e a onomástica, claves na consolidación das redes sociais nos séculos XVII a XIX
A investigadora da USC Beatriz Castro gaña o XIII Premio de Investigación Concello de Pontedeume

A investigadora do Departamento de Historia Medieval e Moderna da USC Beatriz Castro acaba de gañar o XIII Premio de Investigación Concello de Pontedeume polo traballo ‘Familia, apadriñamento e onomástica na bisbarra eumesa: unha aproximación histórico etnográfica (séculos XVII-XIX)’. A partir do estudo das parroquias San Cosme de Nogueirosa e San Martiño de Andrade, a autora analiza como na época moderna á marxe da familia, que convivía nun mesmo fogar, existían distintas redes sociais que estruturaban as comunidades e como, neste caso, o apadriñamento “e a imposición dun nome determinado ao recén nacido no bautismo axudaban a xerar e consolidar este tipo de vínculos”, afirma a investigadora. O traballo forma parte da súa investigación do Diploma de Estudos Avanzados que agora ampliará na tese de doutoramento sobre a cultura escrita en Galicia no XVI que lle dirixe a profesora Ofelia Rey. Unanimidade

O premio, consistente nunha dotación económica de 1.100 euros e a publicación do traballo no próximo número da revista Cátedra, decidiuno por unanimidade un xurado composto polo profesor de Historia do IES Breamo, Carlos Vázquez Arias; a especialista en Patrimonio e Sociedade, Rosa Méndez Fonte; o antropólogo Manuel Vilar Álvarez; o alcalde Gabriel Torrente; e o arquiveiro bibliotecario do Concello de Pontedeume, Alejandro Caínzos.

The contents of this page were updated on 10.01.2010.