O reitor da USC asiste ao acto de apertura do curso universitario que presiden os Reis en Cádiz
O reitor da USC Juan Casares asiste este xoves 14 en Cádiz ao acto de apertura do curso universitario que os Reis van presidir no Real Teatro das Cortes en San Fernando (Cádiz). Nesta sesión inaugural do curso na educación superior tamén participará o ministro de Educación, Ángel Gabilondo. O reitor compostelán asistirá ademais á Xunta de Accionistas de Universia España.
A elección da cidade andaluza para acoller este acto inaugural coincide coa conmemoración do bicentenario da Constitución de 1812, a que recoñeceu por vez primeira a separación de poderes, a soberanía nacional, o dereito ao ensino e a liberdade de expresión e de imprenta, alicerces das sociedades modernas.