Entrega de galardóns do I Premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación
O I Premio á Introdución da Perspectiva de Xénero na Docencia e na Investigación entregará o vindeiro luns 18 os seus galardóns aos seis traballos seleccionados nesta primeira convocatoria. O reitor da USC Juan Casares presidirá a entrega que se vai celebrar a partir das 12:30 horasno Salón de Graos do Colexio de San Xerome. Entregarán os seis premios, tres na modalidade de docencia e outras tanto para a de investigación, ademais do reitor, Natalia Cimadevila, en representación da Secretaría Xeral de Igualdade; a concelleira de Benestar, Mar Martín; as vicerreitoras de Responsabilidade Social e Calidade e de Persoal Docente e Investigador, Benita Silva e Carmen Fernández Morante, respectivamente; a profesora de Ciencias Económicas e Empresariais e integrantes do xurado, Dolores Álvarez; e a coordinadora da Oficina de Igualdade da USC, Trinidad de Miguel. As propostas premiadas nesta quenda profundan na presenza da muller no eido da astronomía, a introdución da perspectiva de xénero na ciencia política, as diferenzas de xénero no perfil de vítima de mobbing en Galicia ou na relación entre muller, traballo e niveis de benestar na costa de Galicia.