Skip to main content

Conferencia do investigador Vicente Pérez Bencomo en Farmacia

O investigador cubano Vicente Pérez Bencomo atópase estes días na Universidade de Santiago para impartir diversas charlas nas facultades de Química e Farmacia.
Logo de falar este martes en Química, a súa próxima cita será este mércores 30 na Facultade de Farmacia onde vai pronunciar a conferencia ‘Explotando as potencialidades das glicociencias na medicina en Cuba’. Será a partir das 12:00 horas no Salón de Graos deste centro compostelán.

The contents of this page were updated on 09.29.2009.