Skip to main content

Continúan os concertos do ciclo 'Músicas a carón da Mosqueira' coa actuación o luns de Teresa Sierra e Raúl Prieto

Teresa Sierra e Raúl Prieto
Teresa Sierra e Raúl Prieto
Será ás 20:30 horas no Círculo das Artes dentro do Convenio Lugo Cultural

O ciclo de ‘Músicas a carón da Mosqueira’ do Convenio Lugo Cultural continuará o luns 4 de maio coa actuación de Teresa Sierra e Raúl Prieto, en ‘Dúo de Reis: Piano e órgano’, no Círculo das Artes a partir das 20:30 horas. Este ciclo consta de oito actuacións, das que xa se celebraron seis e que achega a Lugo a música clásica coa participación de numerosos artistas.
Sierra e Prieto, piano e órgano respectivamente, xuntáronse en 2007 para formar o Dúo MusArt. O seu repertorio abarca obras desde o clasicismo ata o século XXI, cunha sorprendente posta en escena.
O concerto de clausura do ciclo será o vindeiro 9 de maio na praza de Santa María a partir das 20:00 horas. As persoas interesadas en obter máis información sobre este ciclo e do resto da programación de Lugo Cultural poden facelo a través do seu web www.lugocultural.es.

The contents of this page were updated on 04.30.2009.