Skip to main content

Ciencias da Comunicación ofrece claves para elaborar informacións non sexistas

Ofrecer as claves para elaborar unha información non sexista é a finalidade dunhas xornadas que se desenvolverán a vindeira semana na Facultade de Ciencias da Comunicación.
Baixo o epígrafe ‘Comunicar dende a perspectiva de xénero’, o obradoiro organizado polo grupo de investigación Cidadanía e Comunicación (Cidacom) e dirixido polo profesor Luís Álvarez Pousa e Ana Belén Puñal terá lugar entre o 2 e o 6 de marzo en horario de 16:00 a 20:00 horas. O curso está recoñecido cun crédito de libre configuración para todos os estudantes da USC e ten un custe de 10 euros.
Trátase de que os asistentes tomen conciencia do compromiso que deben asumir os medios de comunicación na construción dunha sociedade igualitaria en termos sexistas.
Para máis información e inscricións poñerse en contacto por e-mail curso [at] cidacom.com (curso[at]cidacom[dot]com) ou por teléfono no 981563100 ext.16566.

The contents of this page were updated on 02.27.2009.