Skip to main content

Dereito celebra a festividade do seu patrón San Raimundo de Peñafort

A Facultade de Dereito celebra este venres 23 a festividade do seu patrón San Raimundo de Peñafort nun acto que vai presidir o reitor da USC, Senén Barro, e que se celebrará a partir das 12:00 horas no Salón de Actos deste centro compostelán.
A sesión comezará coa lectura da memoria da Facultade correspondente ao pasado curso para continuar coa entrega da insignia do centro á profesora Ana María González Bustelo en recoñecemento aos vinte e cinco anos de servizo nesta facultade.
Deseguido, os alumnos que remataron os seus estudos no curso 2007-2008 recibirán un diploma conmemorativo para dar paso á entrega dun diploma ao gañador do primeiro premio dos IV Premios á Calidade Lingüística dos Traballos Académicos. A intervención do decano, o profesor Luís Míguez Macho, e posteriormente do reitor compostelán Senén Barro, porá fin ao acto.

The contents of this page were updated on 01.22.2009.