Skip to main content

Presentación do ciclo de concertos 'Lubicán' do Convenio Lugo Cultural

O vicerreitor de Cultura, Elías Torres Feijo; a concelleira de Cultura do Concello de Lugo, Concepción Burgo; o delegado da Consellaría de Cultura, Xoán Xosé Molina; o asesor técnico de Cultura e Deporte da Deputación, Eduardo Fernández Abel, e o xerente da Fundación Caixa Galicia, Sinesio Pérez, presentarán este mércores día 14 un novo ciclo de concertos da programación de Lugo Cultural, que contará ademais coa presenza da artista Uxía Senlle.
A presentación desta nova actividade, terá lugar na Sala de Prensa do Vicerreitorado de Lugo, ás 11:30 horas. Nela exporanse os novos concertos que se celebrarán todos os cuartos xoves de mes baixo o título xenérico de ‘Lubicán’.

The contents of this page were updated on 01.13.2009.