Skip to main content

A vicerreitora de Investigación da USC asiste en Praga á inauguración do Ano europeo da creatividade e a innovación 2009

María José Alonso forma parte da comitiva nomeada polo Goberno español nestos actos

A vicerreitora de Investigación e Innovación da USC, María José Alonso, participou este mércores 7 en Praga na inauguración do Ano europeo da creatividade e a innovación 2009 e á que asistiron, entre outros, o presidente da Comisión Europea, José Manuel Durao Barroso, e o primeiro ministro checo, Mirek Topolanek.
Alonso foi proposta polo Ministerio de Ciencia para, en calidade de científica recoñecida, formar parte da comitiva española nomeada polo Goberno para asistir ao acto de apertura que se celebrou no país que ocupa a presidencia da UE no primeiro semestre de 2009.
Co Ano europeo da creatividade e a innovación 2009 a Comisión Europea pretende impulsar o potencial creativo de Europa no desenvolvemento social e económico, ademais de estimular a educación e a investigación e promover o debate político.
Ao longo de todo o ano organizaranse conferencias e seminarios que abordarán, ademais da educación e a cultura, políticas empresariais, rexionais e de investigación co fin de conseguir unha maior sensibilización sobre a importancia da creatividade e a capacidade de innovación; e campañas de información e promoción para difundir as mensaxes clave. Ademais, identificaranse exemplos de boas prácticas e elaboraranse enquisas e estudos de ámbito comunitario o nacional.

The contents of this page were updated on 01.07.2009.