Skip to main content

O web da FCEER, a plataforma dixital con contido eurorrexional máis visitada de Galicia e o Norte de Portugal

A plataforma dixital da Fundación do Centro de Estudos Eurorrexionais (FCEER), www.fceer.org, é a páxina web con temática eurorrexional do noroeste peninsular máis visitada no mundo, superando a entidades como o Eixo Atlántico ou a Comunidade de Traballo. O dato despréndese dun estudo realizado pola propia fundación sobre a frecuencia de visitas a páxinas de entidades que traballen a prol da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Con só tres anos esta plataforma, que aparece entre os dez web de asociacións de universidades transfronteirizas máis vistos do mundo, está chamada a converterse nun referente no marco educativo ao crear un soporte de información do acontecer na educación superior na Eurorrexión. Así, elaborouse xa un dvd sobre o museo virtual universitario transfronteirizo e púxose en marcha o club de lectura virtual universitario.
O profesor Carlos Ferrás, director da FCEER, considera fundamental o uso das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) para o desenvolvemento da Eurorrexión, así como a creación de contidos actualizados a cotío, que permite a visualización de novas e eventos realizados polas universidades galegas e do Norte de Portugal, e a inclusión de convocatorias de procesos selectivos. O seu uso, afirma, redundará “na superación das fronteiras”.
A FCEERA FCEER creárona as universidades de Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Tras os Montes, Minho e Porto para o establecemento de sinerxías e redes de investigación que permitan a xeneralización dun espazo do coñecemento, da mobilidade e da transferencia de información.

The contents of this page were updated on 01.13.2009.