Skip to main content

Presentación das actividades a desenvolver na USC para celebrar o Ano Internacional da Astronomía 2009

José Angel Docobo intervirá por videoconferencia dende a reunión inaugural en París

Catrocentos anos despois de que Galileo Galilei apuntase por vez primeira ao ceo cun telescopio, a Unesco acordou declarar 2009 como o Ano Internacional da Astronomía (IYA2009) durante o que se desenvolverán actividades repartidas por todo o globo terráqueo para estimular o interese pola Astronomía e a Ciencia en xeral.
A USC súmase así a este conmemoración cun programa de actividades que se presentará aos medios de comunicación este venres, día 16, ás 11:30 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca. Intervirán o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o director xeral de I+D+i, Salustiano Mato; e o director do Observatorio Astronómico ‘Ramón María Aller’ da USC, José Ángel Docobo, que participará a través de videoconferencia dende a sesión inaugural do Ano Internacional en París, a onde acude en calidade de vicepresidente da Comisión de Estrelas Duplas e Múltiples da Unión Astronómica Internacional.
Na rolda de prensa estarán tamén presentes Salvador Bará, Hans Garzón e Josefina Ling Ling como responsables dos programas a desenvolver na USC.

The contents of this page were updated on 01.15.2009.