Skip to main content

O catedrático Felipe Casanueva, primeiro español que preside a Sociedade Internacional de Endocrinoloxía

O catedrático de Medicina da USC Felipe Casanueva acaba de ser nomeado presidente da Sociedade Internacional de Endocrinoloxía (ISE), sendo o primeiro español que ocupa este cargo nunha organización que agrupa a sociedades médicas dun centenar de países.
Casanueva, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), sucede á fronte da ISE ao estadounidense Shlomo Melmed, profesor da Universidade de California e director do Instituto de Investigacións no Cedars-Sinai Medical Center.
A ISECon sede en Birmingham (Reino Unido), a Sociedade Internacional de Endocrinoloxía creouse en 1960 para promover a profesión e mellorar a eficiencia e eficacia desa disciplina médica mediante o intercambio de información no eido internacional. Ademais de sociedades nacionais de todo o mundo, a ISE agrupa a profesionais do ámbito das universidades, a industria, as axencias gobernamentais e os centros de saúde.
Felipe CasanuevaEntre os numerosos galardóns cos que conta o doutor Casanueva figuran o Premio Nacional Rey Jaime I de Medicina Clínica, o da Xunta de Galicia de Investigación ou o Premio Internacional de Neuroendocrinoloxía Geoffrey Harris á traxectoria científica, este último máximo galardón internacional na materia concedido polas súas investigacións sobre a grelina, a hormona da fame.
Na actualidade, Casanueva dirixe ademais desde o CHUS o Centro de Investigación Biomédica en Rede-Fisiopatoloxíua da Obesidade e a Nutrición (CIBERobn).

The contents of this page were updated on 01.15.2009.