Skip to main content

Aprazada a celebración da Olimpíada Matemática Galega

As probas da Olimpíada Matemática Galega previstas para o venres 23 e o sábado 24 aprázanse debido á situación de Alerta Laranxa por aviso de temporal que motivou a suspensión das actividades escolares en todos os centros non universitarios das provincias da Coruña e Lugo pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
A nova data de celebración avisarase coa oportuna antelación en canto sexa posible precisala.

The contents of this page were updated on 01.23.2009.