Skip to main content

O novo decano de Xeografía e Historia toma posesión do seu cargo

O profesor de Historia da Arte Juan Monterroso Montero tomará posesión este venres 30 como decano da Facultade de Xeografía e Historia nun acto protocolario a desenvolver ás 14:00 horas no Salón de Graos do Colexio de San Xerome.
Acompañan ao decano no seu equipo María del Carmen Rodríguez e Jesús Balboa como vicedecana e vicedecano de Asuntos Académicos e Económicos, respectivamente; e Pilar Rodríguez como secretaria.
Monterroso foi elixido novo decano do centro o pasado mes de novembro nunhas eleccións nas que acadou 54 votos a favor, 16 en branco e 5 nulos.

The contents of this page were updated on 01.29.2009.