Skip to main content

O Centro de Linguas Modernas da USC organiza novos cursos de idiomas para o segundo cuadrimestre

O Centro de Linguas Modernas da USC (CLM) organiza para este segundo cuadrimestre novos cursos de idiomas. O prazo de matrícula permanecerá aberto dende o día 2 ata o 25 de febreiro, tanto para o campus de Santiago como para o de Lugo. As clases comezarán o día 25 dese mes, sendo as probas de nivelación os días 19 e 24.
No campus de Santiago ofrécense cursos nos niveis 2 e 3 de checo, o 2 de chinés, ruso e catalán, o primeiro curso de portugués e os niveis 1 e 2 de galego para non galego falantes. Xa en Lugo, os interesados poderán matricularse no segundo curso de galego para non galego falantes.
Español para estranxeirosEsta nova convocatoria contempla ademais novos cursos gratuítos de español para estranxeiros, destinados aos alumnos do Programa Socrates-Erasmus e similares tanto do Campus lugués como no de Santiago. Os interesados en asistir a estes cursos en Lugo, onde se oferta exclusivamente o nivel 3, deberán formalizar a matrícula entre os días 4 e 11 de febreiro.
Para acadar máis información, os interesados deben acudir ao Centro de Linguas Modernas emprazado en Filoloxía ou ben no teléfono 981563100 ext. 11757 (Santiago) ou 24608 (Lugo).

The contents of this page were updated on 01.29.2009.