Skip to main content

A compañía universitaria Teatro da Falúa estrea 'Zorro'

A compañía universitaria da USC Teatro da Falúa estrea esta semana a peza ‘Zorro’ de Margaret Mazzantini, con tradución e adaptación de Esther Carrodeguas.
As representacións comezan este xoves 12 ás 21:00 horas na Sala de Teatro Roberto Vidal Bolaño (Campus Sur), con aforo reducido, e continuarán ininterrompidamente ata o domingo, 15 de marzo.
A entrada ás funcións é gratuíta, previa recollida dos billetes na propia sala a partir das 20:00 horas.

The contents of this page were updated on 03.11.2009.