Skip to main content

Aberta a inscrición para o segundo cuadrimestre das actividades deportivas da USC

A Área de Deportes da USC mantén aberto o prazo de inscrición para o segundo cuadrimestre das actividades de aerobic, aerolatino, aikido, capoeira, danza do ventre, defensa persoal, escola da columna, esgrima, g.a.p, hip-hop, ioga, judo, karate, kung-fu, mantemento, mellora da condición física, pilates, steps, taekwondo, tai-chi e ximnasia terapéutica.
Novas escolasAdemais das actividades mencionadas, a USC oferta para este novo cuadrimestre novas escolas deportivas como salsa en 2 e bachata, cartografía e iniciación á escalada en Santiago, e iniciación ao tiro con arco en Lugo. O prazo de inscrición para todas elas remata este venres, 13 de marzo.
Para inscribirse en calquera actividade deportiva débese estar en posesión do cartón deportivo, que ten unha vixencia dun curso académico. Para máis información e inscrición os interesados deben acudir ás Oficinas da Área de Deportes na Piscina Universitaria de Santiago (Ext. 15070-15071-15072-15073-15076 ou deporsec [at] usc.es (deporsec[at]usc[dot]es)) ou ao Edificio Biblioteca Intercentros no Campus de Lugo (Ext. 23584 - jesus.castro [at] usc.es (jesus[dot]castro[at]usc[dot]es)).

The contents of this page were updated on 03.10.2009.