Skip to main content

Relacións Laborais entrega en Lugo os diplomas do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos

Haberá un coloquio co deseñador e empresario Adolfo Domínguez

A Escola de Relacións Laborais do Campus de Lugo, en colaboración coa Escola Galega de Formación, celebra este venres 13 o acto de entrega dos diplomas da III Promoción do Máster Paulo Fabio en Dirección de Recursos Humanos. Será ás 18:00 horas, no Salón de Actos do centro.
Durante o acto, o deseñador e empresario Adolfo Domínguez intervirá como padriño para deseguido participar no posterior coloquio cos asistentes. A entrada será libre para todas as persoas interesadas.

The contents of this page were updated on 03.12.2009.