Skip to main content

A Universidade de Santiago celebra este mércores o Campionato Galego Universitario de Natación

A institución compostelá organiza catro campionatos galegos universitarios

Máis de sesenta deportistas daranse cita este mércores 25 en Santiago no Campionato de Galicia Universitario de Natación que organiza a USC. Esta cita deportiva súmase a outras máis, algunhas de exhibición, que completan os Campionatos de Galicia Universitarios 2009 que celebran as Universidades galegas e a Dirección Xeral para o Deporte.
As competicións que este ano organiza a USC presentaranse este martes 24, ás 11:00 horas na Sala de Prensa do Colexio de Fonseca, nunha rolda de prensa na que participan o vicerreitor de Cultura, Elias Torres; o director da Área de Deportes, Mariano García-Verdugo; o coordinador de Planificación Deportiva da USC, José Luis Veiga; e un representante da Dirección Xeral para o Deporte.

The contents of this page were updated on 03.23.2009.