Skip to main content

Presentación do proxecto do edificio da futura Escola de Enxeñaría Civil

A USC e a Deputación Provincial presentan este venres 13 o convenio de colaboración para a construción do edificio que albergará a Escola de Enxeñaría Civil. No acto, que terá lugar ás 11:15 horas na sala de xuntas da EPS, o reitor, Senén Barro, e o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, estarán acompañados polo vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero, e o director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno.
Durante a presentación, asinarase o protocolo de actuación para a realización do proxecto e explicaranse as características do futuro edificio. Ás 11:45 horas, realizarase unha visita aos terreos onde se executarán as obras.

The contents of this page were updated on 02.12.2009.