Skip to main content

Abe Rábade Trío presenta na USC a obra 'O movemento dos soños'

A peza encomendóuselle con motivo do Ano Rodríguez Cadarso

A formación musical Abe Rábade Trío presenta este venres, 13 de febreiro, ás 20:30 horas na Igrexa da Universidade, a obra ‘O movemento dos soños (unha visión pianística do legado de Alejandro Rodríguez Cadarso)’, unha encomenda da USC con motivo do Ano Rodríguez Cadarso. A entrada ao concerto será libre ata completar o aforo.
Abe Rábade (piano e composición), Nelson Cascais (contrabaixo) e Bruno Pedroso (batería) son os integrantes actuais deste grupo formado en 1996. A banda recibiu en 2000 o segundo premio no Concurso Internacional de Grupos de Jazz de Getxo (Euskadi) e un ano máis tarde o Premio Tete Montoliú ao Pianista Revelación en España concedido por SGAE.
En 2002 o grupo lanza o seu segundo traballo discográfico, ‘Simetrías’ (Paco Charlín, contrabaixo e Ramón Ángel Rey, batería) e en 2006 ve a luz o seu disco máis recente, ‘Playing on Light’ (Paco Charlín, contrabaixo e Bruno Pedroso, batería).
O repertorio da formación é maioritariamente orixinal, abarcando os máis diversos estilos jazzísticos.

The contents of this page were updated on 02.12.2009.